REINADO DE ISABEL II

En 1833 Fernando VII morreu. El era o pai de Isabel II, quen aínda tiña 3 anos e non podía gobernar. De modo que súa nai, María Cristina, gobernou como rexente. E, como consecuencia, comeza a Segunda Guerra Carlista entre os partidarios de que gobernara o irmán de Fernando, Carlos, e os que preferían a Mª Cristina. Isto remata co Convenio de Vergara.
A nai de Isabel empeza a gobernar co Estaturo Real de 1834, que era unha carta outorgada e, en 1837, xura unha nova Constitución.
Isabel pasa a gobernar con 13 anos co apoio dos liberais, que triunfaban ante o absolutismo. Os liberais estaban divididos en:
Moderados: gobernaron durante a maior parte dos anos. Defendían unha soberanía compartida entre o rei e as Cortes, administración centralizada e sufraxio censitario restrinxido.
Progresistas: defendían unha soberanía nacional, dunha maior autonomía municipal e un sufraxio censitario máis amplo ca o dos moderados.
Levaron a caboun proceso de desamortización (converter en propiedade privada as terras que pertenceran á Igrexae aos municipios). Un dos máis destacados é a Desamortización de Mendizábal.
SEXENIO DEMOCRÁTICO

RESTAURACIÓN DOS BORBÓNS
O sistema político establecido foi a Restauración. Dous partidos políticos, o CONSERVADOR e o LIBERAL aquedábanse no goberno mediante o fraude electoral (puncheirazo). Polo que o pode político continuaba en mans dunha oligarquía.
O desastre do 98 trouxo consigo unha sensación de fracaso e percepción de que o sistema estaba caduco.O século XX tiña ansias de Rexeneración.
REINADO DE AFONSO XIII

GUERRA DE MARROCOS

Rif: rexión montañosa donorte de Marrocos, onde se lle ofreceu a España un protectorado. A poboación do Rif non estaba de acordo polo que tivolugar a Desfeita de Annual, unha emboscada que lle custou a vida a miles de quintos das clases populares. Este escándalo salpicou á Coroa. En 1923, Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado e,coa aprobación do monarca, instaurou unha dictadura militar.