TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS
A guerra supuxo a bancarrota. Os vencedores contraeran enormes débedas que contaban pagar coas reparticións esixidas aos vencidos. Pero estes, non podían pagar. A principal consecuencia foi a hiperinflación que destruíu o tecido socialeconómico de Alemaña e dos seus aliados.
PANDEMIA DA GRIPE
As baixas da guerra rondaban os 10 millóns de persoas, mentres que a gripe, causara entre 50 e 100 millóns máis de mortes. Trátase dun dos maiores desastres demográficos da historia da humanidade. Todos os países exerceron a censura sobre os medios de comunicación pero España, como era un país neutral e contaba coa liberdade de prensa, non fixo o mesmo e comezou a chamarlle polo seu nome; de ahí que esta epidemia reciba tamén o nome de "gripe española".

DEMOCRACIA
A creación de Estados na Paz de París non solucionou o problema, todo o contrario; o multiplicou (en países como Polonia, Chacoslovaquia, e Iugoslavia). Ademais, o mapa encheuse de territorios en disputa, reclamados por varios países, como Danzig.
Só quedaban fráxiles democracias, mais por outro lado, no leste e no sur de Europa, impuxéranse réximes autoritarios.
DE VERSALLES A LOCARNO
Trátase duns acordos de Locarno de 1925 para impedir unha nova guerra. A súa base era o entendemento franco-alemán no que ambos recoñecían as fronteiras e establecían unha zona desmilitarizada en Renania.
COMUNISMO EN RUSIA

FASCISMO
Trazos principais:
Supremacía do portido e o líder: o Estado indentifícase co partido, e este co líder.
Primacía do Estado: rexeita os dereitos do individuo fronte ao Estado.
Racismo
Autarquía: autosuficiencia económica.
Política exterior agresiva: reclama o seu "espaxo vital" e defende a expansión a custa dos outros pobos.
Corporativismo: o estado intervén na vida laboral mediante a creación de corporacións de traballadores de diferentes sectores.

CRAC DE 1929
Consecuencias do Crac:
