
CONSECUENCIAS SOCIOPOLÍTICAS
O fracaso do sistema económico considerouse tamén o da democracia (asociada ó capitalismo). A Unión Soviética semellaba inmune á depresión, pola contra, crecía, de modo que o comunismo atraía a moitos obreiros.
En 1940 subsistían 5 democracias en Europa: Finlandia, Irlanda, Reino Unido, Suecia e Suiza.
TOTALITARISMOS
Durante a década de 1930 as ideoloxíascomunistas e fascistas radicalizáronse aínda máis. Ambas compartían numerosos trazos polo que, para englobalas, utilízase o termo: totalitarismo. Este, supón a negación do Estado de dereito e o seu obxectivo é alcanzar un poder ilimitado e total sobre a sociedade.
TRAZOS CARACTERÍSTICOS DO...


POLÍTICA DE APAZUGAMENTO
Austria: Hitler invadiu o seu país natal en 1938. Isto incumpría a Paz de París, pero as democracias occidentais non se atreveron a impedilo.
Checoslovaquia: xerouse un conflito na rexión dos Sudetes; a poboación pertencía a Checoslovaquia (aliada coas democracias), pero a maioria falaba alemán. En setembro de 1938 celebrouse a Conferencia de Múnic, na que Reino Unido e Francia abandonan Checoslovaquia e, pronto, Hitler invádea incumprindo de novo o pactado.
España: perdeu a esperanza de contar co apoio de Francia e Reino Unido trasa reunión en Múnic.
A cidade báltica de Memel: foi ocupada por Hitler e un mes despois, Mussolini invadíu Albania.
Reino Unido e Francia decatáronse de que a súa táctica fracasara cansdo Hitler reclamou o corredor de Danzig, e garantiron o apoio a Polonia.
En 1939 Hitler e Stalin concertaron un pacto de non agresión.
Detonante: o 1 de setembro, Alemaña invade Polonia e comeza así a Segunda Guerra Mundial.