Este vídeo de 17 minutos, resume de maneira clara e concisa todos os puntos tratados nesta unidade sobre a Segunda Guerra Mundial.
FIN DA GUERRA
CONSECUENCIAS DEMOGRÁFICAS
Houbo 5 veces máis vítimas que na Primeira Guerra Mundial.
Os máis afectados foron Alemaña, Polonia, Xapón e Iugoslavia.
O número de vítimas civís foi maior ca o de conbatentes, posto que foi unha guerra total, con bombardeos masivos e indiscriminados, xenocidios...
CONFERENCIAS DE PAZ
1941: Carta do Atlántico (Roosevelt e Churchill): consistía principalmente na devolución da soberanía aos pobos que se lle arrebatara.
1943: conferencias de Teherán e de Casablanca.
1945: Conferencia de Ialta (Roosevelt, Churchill e Stalin): Alemaña queda dividida en 4 zonas e créase a ONU (que substitúe á Sociedade de Nacións). Nesta mesma data tamén ten lugar a Conferencia de Postdam en Berlín. Onde rompeuse a colaboración Occidente e a URSS.
NOVA REPARTICIÓN DE PODER
Estados Unidos: concentraron o poder.
Reino Unido: quedou como terceira potencia.
Francia e Italia: ocuparon unha posición inferior
Alemaña e Xapón: desaparecen das grandes decisións mundiais.
NAZISMO
O nazismo comezou a gobernar en Alemaña no ano 1933 coa chegada ao poder do Partido Nacionalista Obreiro Alemán liderado por Adolf Hitler.

Baixo este goberno, levaronse a cabo numerosas accións inhumanas como o "AKTION T4" ou o proxecto "LEBENSBORN".
AKTION T4:
Por outra parte, o proxecto LEBENSBORN, pretendía expandir a raza aria por toda Europa. Foi un programa de reproducción selectiva no cal, homes e mulleres (considerados puros) mantiñan relacións e finalmente, os nenos resultantes, eran enviados a campos de reeducación e acollidos por familias alemás.