Para comezar a unidade, o primeiro que fixemos foi ver un vídeo relacionado coa 1ª Guerra Mundial (ou a Gran Guerra).
BELLE ÉPOQUE

REVOLUCIÓNS
Era unha época de revolucións da que Rusia e China sairían convertidas en grandes potencias.

Rusia era gobertada polo tzar Nicolao II como monarca absoluto. Os labregos vivían na miseria e violencia total. Tras a derrota fronte Xapón, tivo lugar o"Domingo Sanguento", unha manifestación aplacada polas tropas do tzar; o que ocasionou a revolución de 1905. Ó rematar, o tzar tivo que conceder a Duma, unha asamblea consultiva de apariencia parlamentaria.
En China producíuse unha revolta contra o emperador polas concesións ás potencias imperialistas.
PAZ ARMADA

O ESTALIDO DA CONTENDA
O asasinato do archiduque Francisco Fernando de Austria e da súa muller en Sarajevo (Serbia) foron o detonante da guerra.
Viena envioulle un ultimato ao goberno serbio e Rusia ordenou a mobilización global (o que preocupou aos alemáns) e, tiveron lugar as declaracións de guerra entre as potencias centrais de Alemaña e Austria-Hungría e os aliados da Entente.
GUERRA DE MOVEMENTOS (1914) E DE POSICIÓNS (1915-1917)

ACONTECEMENTOS TRASCENDENTAIS 1917
O estalido da revolución Rusa, polo que Rusia abandona a guerra.
Declaración de guerra dos Estados Unidos a Alemaña debido aos ataques submarinos indiscriminados. Este, revitalizou economicamente ó bando aliado.
FRACASO DA OFENSIVA ALEMÁ
Como intento desesperado, Alemaña mandou unha ofensiva en Francia para romper a fronte, pero os franceses e británicos resistiron.
Os aliados de Alemaña foron abandonando a loita e nas cidades alemás formábanse consellos revolucionarios de obreiros e soldados. Polo que o káiser abdica e proclámase a República. O 11 de Novembro Alemaña pedíu un armisticio (negociación de paz).
PAZ

A GRAN GUERRA
Para traballar a 1ª Guerra Mundial fixemos unha dinámica distinta na clase. Consistíu en que a profesora ditou unhas palabras, e nós, tiñamos que ordenalas correctamente. Este foi o resultado:
