A maioría de idade de Afonso XIII coincidíu co desastre do 98, que levou ós partidos dinásticos a iniciar reformas. A partir de 1909, o sistema da Restauración experimentou unha serie de crisis que levaron á súa desaparición.
CRISIS:
1909: Semana Tráxica (insurrección popular en Barcelona).
1917: iniciouse unha protesta militar e outra política.
1919 -1923: período de violencia social.
1921: derrota de Annual na guerra de Marrocos.
DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA
En 1923: o xeral Primo de Rivera encabezou un golpe de Estado co apoio de Afonso XIII. Disolveu as Cortes, suspendeu a Constitución e prohibíu os partidos políticos e sindicatos.
En 1930: dimite o dictador. Afonso manda formar un novo goberno que convoque eleccións e restaure a Constitución.
SEGUNDA REPÚBLICA
1931: novas eleccións municipais. As candidaturas republicanas triunfaron en case todas as capitais de provincias.
O rei Afonso XIII abandonou o país cara o exilio
O 14 de Abril de 1931, proclámase a República.
A nova Constitución elaborada aportou os seguintes avances:
Sufraxio universal masculino e feminino.
Recoñecemento amplo das liberdades individuais.
Organixación territorial descentralizada coa posibilidade de crear rexións autónomas.
Importancia do benestar social.
BIENIO REFORMISTA (1931-1933)
Nestes anos Azaña foi presidente do goberno e continuou o seu labor reformista:

En 1932, o goberno freou un intento de golpe de Estado polo xeneral Sanjurjo. As forzas de dereita agrupáronse na Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA).
Azaña presentou a súa dimisión e convocáronse eleccións, que gañaron os partidos de centro dereita. Alejandro Lerroux (do partido radical) foi elixido presidente e contaba co apoio da CEDA.
BIENIO CONSERVADOR (1933-1935)
O novo goberno tratou de desmantelar a obra reformista anterior e, en consecuencia, os partidos da esquerda radicalizáronse.
En 1934 tivo lugar revolución de outubro: esta triunfou en Asturias, mais foi sufocada polo xeral Franco. Ademais, en Cataluña proclamouse a República catalana dentro da República española, pero tras o fracaso do movemento a Generalitat foi disolta.
En 1936 convocáronse novas eleccións: as forzas da esquerda agrupáronse no Fronte Popular e na dereita gañou peso o extremista José Antonio Primo de Rivera, líder da Falange Española.
FRONTE POPULAR: a coalición de esquerdas gañou as eleccións. Manuel Azaña foi nomeado presidente da República. As tensións entre os bloques opostos desencadearon unha violencia social e en Xuño de 1936, un sector importante do exército, conservadores e falanxistas protagonizaron un golpe de Estado. España quedou dividida en dúas zonas, o que supuxo o desencadeamento da Guerra Civil.
A GUERRA CIVIL

EVOLUCIÓN DA GUERRA:
Campaña arredor de Madrid (1936-1937): o obxectivo era avanzar desde o sur ata Madrid e tomar a capital. Os sucesivos intentos fracasaron e cambiaron de fronte.
A fronte norte: a súa intención era tomar os centros industriais do Cantábrico. Producíuse obombardeo de Guernica e ocuparon Bilbao, Santander e Asturias.
Final da Guerra (1937-1939): as tropas avanzaron sobre Aragón e chegaron ata o Mediterráneo. Para impedir o avance dos sublevados, o goberno da República xunta as súas forzas na Batalla do Ebro, onde o exército queda practicamente destruído. En marzo de 1939, os nacionalistas entren en Madrid e a guerra dase por concluída.